#MesD Software Libre: Unha ferramenta para xestionar o departamento TI: GLPI e máis aló

Sempre estamos a traballar na mellora dos recursos de software libre das empresas galegas, así que para estes meses de outono traemos novidades!

Desta vez, grazas a un convenio de colaboración con Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), levaremos a cabo unha serie de charlas no Gaiastech con profesionais que che axudarán a atopar as mellores solucións de #oftware libre para a túa empresa.

Están enfocadas a diferentes sectores empresariais coma o gandeiro, o agrario, o forestal o cultural e o comercial.

📅 Cando?: Durante o mes de outubro.

🏢 Onde?: No Gaiastech, o espazo na Cidade da Cultura reservado para este tipo de iniciativas relacionadas coa tecnoloxía enfocada ás empresas galegas.

👀 Ollo, algunhas delas serán online.

🔉 A primeira terá lugar este mércores día 4 de outubro da man deTICgal.

Participan:

🔷 Óscar Beiro, fundador de TICgal con 12 anos de experiencia administrando instalacións GLPI.

🔷 Polina Marishicheva, Marketing Manager de Teclib´, e editora oficial de GLPI, o software libre ITSM máis implantado no mundo.

Interésache?

📌 Só tes que inscribirte aquí e participar na sesión online!

Agardámoste!

keyboard_arrow_up