#MesD Software Libre: Xestión da Fabricación co ERP Odoo.

Queres saber máis sobre recursos de software libre para a túa empresa?
Grazas a un convenio de colaboración con Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) ideamos unha serie de charlas no Gaiastech con profesionais para que consigas o teu obxectivo.
📆 CANDO? O día 11 de outubro ás 10h toca falar da Xestión da Fabricación co ERP Odoo da man da empresa socia Anubía.
📍 ONDE? No Gaiastech, o espazo na Cidade da Cultura reservado para este tipo de iniciativas relacionadas coa tecnoloxía enfocada ás empresas galegas.
👉 O obxectivo da sesión é mostrar cómo é posible xestionar a fabricación nunha empresa de modo dixital mediante o ERP Odoo.
Participan:
🟦 Wilfredo Santana Alonso. Enxeñeiro Industrial e Máster en Xestión da cadea de subministro e Loxística, Socio-administrador de Anubía Soluciones en la Nube, S.L.
Interésache?
✍️ Só tes que inscribirte aquí e participar na sesión online!
Agardámoste!