Modelos de negocio baseados en solucións TIC en Software Libre

Dende AGASOL estamos a organizar unha xornada onde se dará difusión aos avances nas tecnoloxías de código aberto co obxectivo de aplicalas a nivel empresarial e contribuír así ó crecemento económico.

O obxectivo é conectar e xerar encontros entre empresas de diferentes eidos da economía, facendo especial fincapé en empresas de base tecnolóxica que poidan conectar con outros sectores: agricultura, ciencia, cultura, etc.

O evento celebrase online o 2 de decembro en horario de mañá. Nunha primeira parte realizarase unha rolda de presentación, na que cada empresa explique dunha maneira rápida e dinámica a súa planificación estratéxica para o próximo ano, de maneira que o resto as empresas poidan buscar puntos de colaboración.

Na segunda parte haberá reunións bilaterais entre as empresas que atopasen sinerxías para buscar puntos en común.

Finalizarase cunha posta en común das impresións do evento para buscar puntos de mellora, tentar que se repita no tempo e que sexa de axuda para as empresas socias.

Contamos coa colaboración da Deputación de A Coruña.

Insríbete en https://buff.ly/3kp7z0l

Menú