Novas asociacións de empresas de software libre noutras comunidades
Nas últimas semáns e a partir do iniciativa das asociacións de empresas de software libre de Canarias, Cataluña e País Vasco, á que se engade Agasol, por crear unha federación de asociacións de empresas de software libre, dinamizouse o asociacionismo entre compañías de diversas comunidades. Así o próximo xoves día 13 terá lugar en Madrid unha primeira reunión que servirá como embrión dunha asociación nese ámbito xeográfico. Tamén en Aragón e Andalucía fixéronse os primeiros contactos para botar a andar sendos colectivos.
