Obradoiro Aforra na túa factura da luz

En setembro arrincarán as actividades da Oficina de Voluntariado Informático de Sofware Libre e do Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames, unha iniciativa impulsada po AGASOL, xunto coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames.

A primeira actividade consistirá na realización do Obradoiro “AFORRA NA TÚA FACTURA DA LUZ”, xornada que ten como obxectivo entender os conceptos que veñen na nosa factura así como explicar as claves para conseguir aforrar e pagar menos pola luz das nosas casas ou negocios.

Ánimate a participar!!

• CANDO? O sábado, 16 de setembro de 2023 de 11 a 13 horas.

• ONDE? Oficina de Software Libre e banco de reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – MILLADOIRO – 15895 – Ames (A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.

📍🗺️ Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.

🅿️🚗 Parking público preto do local.

Inscrición de balde en: https://i.gal/6gqOb

A oficina de Software Libre e banco de reciclaxe electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol)

Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.

Menú