Obradoiro avanzado LibreOffice

Agasol organiza o Obradoiro avanzado LibreOffice o día 11 de maio de 11h a 13h. Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.

Neste obradoiro veremos como aproveitar algunhas das características que incorpora LibreOffice, e que son menos coñecidas polos usuarios desta suite ofimática. Como compartir documentos cos usuarios doutras ferramentas ofimáticas, configurar correctamente o idioma preferido, exportar documentos a PDF híbrido ou como asinar dixitalmente un documento.

Os participantes deberedes de traer un equipo propio cunha instalación de LibreOffice

• CANDO? O sábado, 11 de maio de 2024 desde as 11h ás 13h.

• ONDE? Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – Milladoiro(A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.

Inscrición de balde: Apuntate aquí

Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.

Parking público preto do local.

Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.