Obradoiro de Seguridade Dixital básica

AGASOL organiza o Obradoiro se Seguridade Dixital básica o 1 de outubro de 11:00h a 13:30h. Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre entre os grupos sociais menos favorecidos.

Aprenderemos os conceptos básicos da #SeguridadeDixital, para poder usar os nosos ordenadores e smartphones dunha forma mellor e máis segura.

Ánimate a participar!!

• CANDO? O sábado, 01 de outubro de 2022 desde as 11:00h ás 13:30h

• ONDE? Oficina de Software Libre e banco de reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – MILLADOIRO – 15895 – Ames (A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.

📍🗺️ Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.

🅿️🚗 Parking público preto do local.

Incrición de balde premendo aquí : https://eventos.librelabgrx.cc/events/7f556c98-f299-4b50-8944-e0aa02d1b492

A oficina de Software Libre e banco de reciclaxe electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol)

Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.

Menú