Repair café de equipos informáticos

Agasol organiza o Taller REPAIR CAFÉ DE EQUIPOS INFORMÁTICOS, o sábado día 8 de xuño de 11:30h a 13:00h.

Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.

Este taller busca reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico. Será impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre entre os grupos sociais menos favorecidos. A posta a punto dun computador resulta fundamental para que poidas traballar de forma eficiente e sen necesidade de investir grandes cantidades de diñeiro.

Con este tema, queremos salientar que non só os reparadores profesionais deben ter acceso á información de reparación. Os voluntarios dos Repair Cafés e os consumidores comúns tamén deben poder beneficiarse deste apoio. As reparacións realizadas por profesionais deben ser alcanzables, do mesmo xeito que as pezas de reposto, que tamén deben estar amplamente dispoñibles e entregarse rapidamente cando se necesiten.

Os vosos computadores portátiles poden ter diversos problemas. No Repair Café axudarémosche a solucionar estes problemas! Apúntate!

• CANDO? O sábado, 8 de xuño de 2024 de 11:30a 13:00 horas.

• ONDE? Oficina de Software Libre e banco de reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – MILLADOIRO – 15895 – Ames (A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.

Inscrición de balde premendo aquí para inscribirte:

https://n9.cl/b2ite