REPAIR CAFÉ DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

AGASOL organiza o Taller REPAIR CAFÉ DE EQUIPOS INFORMÁTICOS, o sábado día 21 de outubro de 11:00h a 13:00h.
Obradoiro impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.
O 21 de outubro volve ser o Día Internacional da Reparación: Repair Day. Neste día celebramos as reparacións en todo o mundo. O tema deste ano é ‘Repair for all’, o que significa que a reparación debe ser para todos!
Con este tema, queremos salientar que non só os reparadores profesionais deben ter acceso á información de reparación. Os voluntarios dos Repair Cafés e os consumidores comúns tamén deben poder beneficiarse deste apoio. As reparacións realizadas por profesionais deben ser alcanzables, do mesmo xeito que as pezas de reposto, que tamén deben estar amplamente dispoñibles e entregarse rapidamente cando se necesiten.
Os vosos computadores portátiles poden ter diversos problemas. No Repair Café axudarémosche a solucionar estes problemas! Apúntate!
• CANDO? O sábado, 21 de outubro de 2023 de 11 a 13 horas.
• ONDE? Oficina de Software Libre e banco de reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – MILLADOIRO – 15895 – Ames (A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.
📍🗺️ Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.
🅿️🚗 Parking público preto do local.
Inscrición de balde premendo aquí para inscribirte:
Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.
