Software libre nos centros de ensino? 7 motivos para implantalo

O software privativo oculta o seu código como vantaxe competitiva e estratéxica. Isto limita a aprendizaxe nos centros de ensino. O libre, pola súa banda, está aberta a calquera achega.

Nun artigo anterior destacamos que a palabra “libre” cando falabamos de software non significaba gratis, se ben moitos dos programas do software libre pódense utilizar sen custo. En realidade, libre significa “liberdade”.

Isto é moi importante para o desenvolvemento social e económico, pero tamén para aumentar a independencia dos futuros/as profesionais cando pasan pola escola desde idades temperás. Por iso, é importante repasar os seguintes 7 motivos que explican por que se debe usar o software libre nos centros de ensino. A información parte dun artigo elaborado por Richard Stallman, pai do software libre.

Promove a cooperación no ensino

O software libre, ao nutrirse das achegas dos programadores/as e das persoas en xeral, favorece a cooperación para desenvolver programas cada vez máis optimizados. Tamén permite que os centros educativos cooperen entre sí para intercambiar licenzas.

Fomenta a autonomía

Reduce a dependencia do software privativo, que obriga a renovacións continuas dos programas, co obrigado pago de licenzas, en moitas ocasións prohibitivas. Tamén se trata dunha autonomía profesional e intelectual, xa que todas as persoas poden ter acceso ao código fonte para modificalo e melloralo.

Aforra custos

O software libre pode ter custo, pero non é necesario pagar por cada copia instalada en cada un dos equipos informáticos nos que se usa.

Anima a aprender

O software privativo oculta o seu código como vantaxe competitiva e estratéxica. Isto limita a aprendizaxe. O libre, pola súa banda, está aberta a calquera achega, o que favorece unha aprendizaxe constante.

Potencia a creatividade e a imaxinación

Unha das misións dos centros de ensino é formar a cidadáns libres e críticos. E tamén creativos. O software libre permite aos alumnos/as aprender como funciona o software. Isto xera unha curiosidade desde cativos por todo o relacionado coa programación. E as posibilidades creativas multiplícanse.

Prepara para a sociedade dixital

Cantas veces nos dixeron que sen coñecementos dixitais non imos a ningunha parte? O coñecemento sobre software e código é clave para entender a contorna dixital. E para iso é necesario que o acceso sexa libre.

Educa cidadáns independentes e solidarios

Se un programa non é libre só inculca a dependencia. Isto supón o contrario da misión social dos centros de ensino. As compañías de softeware privativo non queren programadores/as e usuarios7as independentes.

 

7 motivos para usar software libre en educación
Imaxe orixinal do CEDEC do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España