Taller de Posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador

Iniciamos as actividades da Oficina de Voluntariado Informático de Sofware Libre e do Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames, para 2024, unha iniciativa impulsada por AGASOL, xunto coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames. Actividades enmarcadas dentro das accións de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre entre os grupos sociais menos favorecidos.

A primeira actividade consistirá na realización do Obradoiro Taller de Posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador.

Este taller busca reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico. A posta a punto dun computador resulta fundamental para que poidas traballar de forma eficiente e sen necesidade de investir grandes cantidades de diñeiro.

• CANDO? O sábado, 27 de abril de 2024 desde as 11:30h ás 13:00h.

• ONDE? Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – Milladoiro(A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.

Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.

Parking público preto do local.

Inscrición de balde: Apuntate aquí

PARA QUEN? Para as persoas que queirades aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc.

Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.

keyboard_arrow_up