Taller de posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador II

Debido ao gran éxito e demanda que tivo o primeiro obradoiro celebrado o 17 de setembro, repetimos evento para a xente que non puido asistir ou que quere seguir aprendendo. As vosas demandas son ordes para nós 😉

Este taller busca reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico. Será impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre entre os grupos sociais menos favorecidos. A posta a punto dun computador resulta fundamental para que poidas traballar de forma eficiente e sen necesidade de investir grandes cantidades de diñeiro.

• CANDO? O sábado, 15 de outubro de 2022 desde as 11:00h ás 13:30h.

• ONDE? Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – Milladoiro(A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.

📍🗺️ Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.

🅿️🚗 Parking público preto do local.

PARA QUEN? Para as persoas que queirades aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc.

Uns dous puntos que vai marcar a diferenza respecto á fluidez é a optimización dos procesos e tarefas mediante a elección dun bo software que se adapte as túas necesidades e preferencias. O primeiro que debes facer é elixir un navegador, xa que este vai influír moito no rendemento do computador.

Preme aquí para inscribrirte: https://bit.ly/OficinaSwLAmes_inscricion15out

A oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol).

Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.

Menú