Taller de Posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador

Entre os obxectivos deste taller está reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico. Será impartido pola Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre entre os grupos sociais menos favorecidos. A posta a punto dun computador resulta fundamental para que poidas traballar de forma eficiente e sen necesidade de gastar grandes cantidades de diñeiro.

• CANDO? O sábado, 17 de setembro de 2022 desde as 11:00h ás 13:30h

• ONDE? Oficina de Software Libre e banco de reciclaxe de Ames – Agro do Medio, 8 – MILLADOIRO – 15895 – Ames (A Coruña) – Antigo Centro de Saúde do Milladoiro.

📍🗺️ Localización do local da Oficina e Banco de reciclaxe.

🅿️🚗 Parking público preto do local.

PARA QUÉN? Para as persoas que queirades aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc.

Uns dous puntos que vai marcar a diferenza respecto a a fluidez é a optimización dos procesos e tarefas mediante a elección dun bo software que se adapte as túas necesidades e preferencias. O primeiro que debes facer é elixir un navegador e este vai influír e moito no rendemento do computador.

Preme aquí para inscribrirte: https://eventos.librelabgrx.cc/…/6ca51f16-59cd-4e54…

A oficina de Software Libre e banco de reciclaxe electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol)

Proxecto financiado con fondos públicos polo Concello de Ames.

Menú