A Libre Software World Conference traerá a Santiago ás voces internacionais máis importantes do software libre

 

  • O encontro, que se celebrará os días 18 e 19 de outubro na Cidade da Cultura supón “o maior evento celebrado en España sobre software libre”, e está organizado por Agasol, a Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre.

  • Google Open Source programs Office/Samba Team (Jeremy Allison), o fundador do movemento Open Source (Bruce Perens), o ideólogo do novo modelo económico "Economía do Ben Común" (Christian Felber), ou o propio John Sullivan (director executivo da Free Software Foundation) son algúns dos ponentes que asistirán á LSWC201

 

Santiago, 27 de setembro de 2012.- A alternativa do software libre –o que non está suxeito a licenzas- é cada vez máis unha tendencia non só escollida pola reducción de custos, senón tamén pola calidade e versatilidade das solucións. Nun momento no que os avances tecnolóxicos se deseñan, melloran e distribúen a nivel mundial, a organización dun encontro internacional sobre o software libre supón a creación dunha plataforma de innovación de primeira orde.

Ese é o obxectivo da Libre Software World Conference 2012 que a Asociación de empresas galegas de software libre –AGASOL-, organiza na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os días 18 e 19 de outubro. No encontro, deseñado cun enfoque profesional e empresarial, os asistentes compartirán durante dous días experiencias, iniciativas, apostas e innovación.

Para iso, a organización, da man de ASOLIF –Federación nacional de empresas de software libre-, o IGAPE e a Xunta de Galicia, está pechando a listaxe de ponentes que durante dous días se reunirán na Cidade da Cultura. Nomes de referencia como Bruce Perens (co-fundador da Open Source Initiative americana); Jeremy Allison (Google Open Source Programs Office/Samba Team), John Sullivan, Marco Lima (Diretor Executivo na Expert Solutions Consulting) ou Fernando Botelho, promotor do proxecto F123 do goberno de Brasil para a educación con software libre a persoas con discapacidades, estarán neste encontro, que situará Galicia no norte da actualidade do software libre mundial.

Algúns dos principais obxectivos da organización en Galicia da LSWC 2012 é dar a coñecer casos de éxito baseados en software libre, dar conta das últimas novidades, e establecer un marco para a discusión e o encontro entre empresarios, usuarios e as propias administracións. Para conseguir que o 

encontro resulte áxil e produtivo, este desenvolverase de acordo a tres áreas de contido: o das empresas, o das administracións e o da cidadanía, de maneira que se exporá abertamente que se está facendo en cada un destes sectores en materia de software libre, cales son as demandas e cales as solucións.

A Libre Software World Conference será un evento aberto ao público. A organización ten en marcha unha páxina web na que poder inscribirse gratuitamente, así como informarse máis polo miúdo de todos os detalles deste evento clave para o vindeiro outono en Galici


keyboard_arrow_up