xeoPesca, aplicación libre para o rexistro da actividade pesqueira da flota dun armador

xeoPesca é una aplicación desenvolta con licencias libres, a aplicación foi publicada con licenza libre, concretamente GPL3, está rexistrada na Forxa de Mancomún. A aplicación xeoPesca foi creada co obxectivo de rexistrar a actividade pesqueira dun barco ou conxunto deles. 

  • Facilita o intercambio de información entre os diferentes usuarios
  • Permite analizar os recursos mariños para optimizar as capturas.

As faenas rexistranse no sistema e se lle asocian variables  meteorolóxicas como a dirección do vento, a temperatura, a lua. Estas variables son importantes porque influen no comportamento dos animais mariños.

Os datos rexistrados na aplicación da experiencia son moi importantes  porque despois servirán para indicarlle aos patróns do barco cales son os puntos con maior probabilidade de pesca en función da meteoroloxía dese día.

Nunha segunda fase do proxecto tense pensado darlle soporte a un novo tipo de usuario, como son as organizacións interesadas no estado da explotación pesqueira. Este usuario podería consultar os datos pesqueiros agrupados por especie e cun menor detalle xeográfico.  Estes datos axudaríanlle a coñecer o estado  real de explotación do mar e tamén a tomar as mellores decisións para a política pesqueira.

O proxecto actualmente está a participar no premio ao mellor proxecto fin de carreira con licenza libre, organizado por Mancomun.