Xestión Integral de Empresas con Software Libre no CDTIC

Tipo de actividade: Sesións demostradoras
Data:28 Xullo 2011
Hora:De 10:00 a 14:00 horas
Entidade organizadora: Centro Demostrador TIC de Galicia
Sala: Sala de Formación
Destinatarios: Profesionais e persoal técnico, autónomos e/ou xerentes ou directivos de empresas galegas
Descrición:

O obxectivo desta xornada é facer un percorrido por distintas solucións tecnolóxicas que permitan incrementar a produtividade das empresas a través da mellora da súa xestión, co nexo común de seren todas elas solucións con licenza libre. Isto abarata o seu custe de adquisición e posibilita a súa adaptabilidade ás necesidades reais por empresas galegas facilitando deste xeito que a inversión TIC das nosas empresas xere negocio no propio sector TIC galego convertendo así a innovación tecnolóxica en motor económico.

Ao longo da xornada os asistentes poderán coñecer solucións tecnolóxicas orientadas a distintas áreas empresariais:

  • Xestión e Administración da Infraestrutura Tecnolóxica: presentación de Zentyal a cargo de Aitire, partner oficial de Zentyal en Galicia. Zentyal é un servidor de código aberto para pemes de nivel empresarial que permite xestionar todos os servizos de rede a través dunha soa aplicación, actuando como Gateway, Servidor de seguridade (UTM), Servidor de oficina, Servidor de infraestructura de rede e Servidor de comunicacións.
  • Xestión Integral: presentación de OpenERP a cargo de Pexego, partner oficial de OpenERP en Galicia. OpenERP engloba un conxunto de aplicacións de negocio completo, incluindo Ventas, CRM, xestión de proxectos, xestión de almacenes, fabricación, xestión financieira e recursos humanos, entre outros.
  • Xestión Documental: presentación de Alfresco a cargo de Queres, partner recoñecido de Alfresco en Galicia. Alfresco é unha plataforma aberta para a xestión de contidos sociais que permite crear, capturar, compartir e conservar contidos corporativos.
  • Presenza en Internet, CMSs Libres: presentación de Joomla cargo de Wireless Galicia. Joomla é un Sistema de Xestión de Contidos (CMS) que permite organizar e facilitar a creación de documentos e outros contidos dun modo cooperativo, a través dunha aplicación web usada para xestionar sitios web e contidos web.
  • Comercio Electrónico para pemes: presentación de PrestaShop a cargo de Redegal. PrestaShop é unha ferramenta web dinámica que facilita o comercio electrónico a través da creación e administración de tendas online.

Catálogo de produtos e servizos TIC de agasol

keyboard_arrow_up