XORNADA BÚSQUEDA E XESTIÓN NAS REDES DE FORMA SEGURA

Iniciamos as Xornadas en Competencias dixitais con Software Libre II, compostas por un ciclo de 4 xornadas que impartiremos ó longo deste ano.
O obxectivo destas xornadas é a de dotar a cidadanía dunha serie de habilidades, coñecementos e estratexias necesaria para o uso dos medios dixitais e tecnoloxías da información e comunicación.
A xeneralización do uso da internet fai que se agudicen unha serie de problemas relacionados coa seguridade. Entre estes problemas caben destacar o roubo de información confidencial, programas espías, virus, vulnerabilidades dos programas de navegación e correo, etc. Con esta primeria xornada seremos capaces de navegar e realizar compras a través da internet de forma segura e coñecer todos os temas relacionados coa seguridade en liña.
📅 Sábado 27 de maio de 10h a 14h
🏠 Na Oficina de Software Libre de Ames (Rúa Agro do Medio, 8, Milladoiro)
➡️ Inscrición gratuíta en https://buff.ly/3kp7z0l
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

