XORNADA COMO TRATAR COA ADMINISTRACIÓN DIXITAL: TRÁMITES TELEMÁTICOS, CERTIFICADOS E FIRMAS DIXITAIS, DNI ELECTRÓNICO.

Continuamos coa segunda das xornadas dentro do ciclo Competencias dixitais con Software Libre II organizadas por Agasol.

Nesta xornada adquiriranse coñecementos básicos sobre como realizar trámites telemáticos como por exemplo solicitar cita previa no médico, cita nas administracións públicas (Seguridade Social, Inem, etc)., coñeceremos que é o DNI electrónico e os certificados dixitais, como obtelos e qué podemos facer con eles.

📍Anímate a participar!!

📅 Sábado 17 de xuño de 10h a 14h
🏠 Na Oficina de Software Libre de Ames (Rúa Agro do Medio, 8, Milladoiro)

➡️ Inscrición gratuíta en https://buff.ly/3kp7z0l

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

keyboard_arrow_up