Xornada Ferramentas de xestión empresarial con software libre
Dentro do Convenio entre AGASOL e AMTEGA estamos a desenvolver xuntanzas con diferentes sectores empresariais coma o gandeiro, o agrario, o forestal, o cultural, e o comercial para poñer en coñecemento que é o software libre e identificar posibles necesidades tecnolóxicas e/ou formativas.
Froito da xuntanza que tivemos coa 🗣️ ASOCIACIÓN BIOeCO2, Asociación profesional técnica de ámbito forestal e do medio natural, levaremos a cabo un curso en liña.
🗓️ día 17 de outubro ás 10h
📍 Falaremos sobre que é o software libre, filosofía e ás ferramentas existentes máis utilizadas en canto a xestión e á comunicación.
Cunha filosofía flexible, as persoas asistentes poderán plantexar preguntas ou dúbidas no eido das ferranmentas TIC que mellor se adapten ás súas respectivas actividades.
📌 Curso gratuito inscribíndote aquí
