Xornada ( r )evoLuƧión Cara modelos de negocio baseados en solucións Tic

Desde o sector TiC queremos apostar por un crecemento intelixente e queremos facelo por un modelo de desenvolvemento económico no que o coñecemento e a innovación se sitúen como elementos clave. Neste modelo, considérase fundamental poder explotar ao máximo as posibilidades que ofrecen as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como factor estratéxico no novo modelo de crecemento.

Para isto, necesitamos un Sector TIC transformador, que traballe dunha maneira máis innovadora e eficaz.

O evento celebrase o 2 de decembro e constará de dúas partes diferenciadas, será dunha mañá de duración e online. Nunha primeira parte realizarase unha rolda de presentación, na que cada empresa explique dunha maneira rápida e dinámica os seus puntos estratéxicos a curto prazo, de maneira que o resto as empresas poidan buscar puntos de colaboración.

Na segunda parte haberá reunións bilaterais entre as empresas que atopasen sinerxías para buscar puntos en común.

Finalizarase cunha posta en común das impresións do evento para buscar puntos de mellora, tentar que se repita no tempo e que sexa de axuda para as empresas socias.

Contamos coa colaboración da Deputación de A Coruña.

Insríbete en 👉 https://buff.ly/3kp7z0l

Menú