Xornada (R)Evolusion, cara modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto
O Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro – Santiago de Compostela) acollerá o próximo día 17 de novembro a expertos do sector TIC nunha xornada de traballo e posta en común centrada en estudar como afecta o software libre aos sectores industriais dende unha perspectiva en torno a modelos de negocio e dirección de empresas.
Esta iniciativa, organizada pola Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, baixo o título (R)Evolusion, cara modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto, servirá para situar o contexto do software libre, as súas características como produto e o mercado que existe ao seu redor (ver o Dossier (R)evolusion).
As tecnoloxías de software libre teñen unhas determinadas características especiais que as diferencian a hora da súa produción e distribución, sendo moi importante coñecelas e ter en conta para avaliar o impacto dende un punto de vista de empresa e negocio. O software de código aberto está a convertirse no motor de cambio do emerxente sector TIC en Galicia, dende a súa estrutura, até as estratexias competitivas levadas a cabo polas empresas de xeito que está a marcar un punto de inflexión moi importante na evolución do mercado.
A xornada, dirixida a empresas de todos os sectores e emprendedores en xeral, poderanse ver as diferencias dos ciclos de vida dun produto de software aberto en contraposición cun de software pechado, tamén incidiráse en casos concretos de empresas baseadas en software libre e cuestións relativas a este novo modelo de negocio. A xornada estrutúrase en dúas sesións de mañá (de 10 a 14 horas) e tarde (de 16 a 20 horas). mirar o programa no dossier. O acceso ás xornadas será LIBRE e GRATUITO previa inscrición online.
Entre os relatores que teñen confirmada a súa asistencia figuran destacados profesionais como José María Lancho Rodríguez, avogado e escritor adicado ao eido do deireto das novas tecnoloxías. Na actualidade é o Presidente de Hispalinux, a maior asociación en lingua española de usuarios e desenvolvedores de software libre. É autor de traballos que tratan os problemas relativos ao software libre, os riscos das novas tecnoloxías de control social, a neutralidade tecnolóxica e de rede, as patentes de software, entre outros.
Outros relatores que estarán en Santiago serán Agustín Benito Bethencourt, cordinador de ASOLIF, a Federación Española de Asociacións de Empresas de Software Libre; Fernando Vazquéz, director Xeral de Imatia e fundador do grupo DASA da Universidade de Vigo, un dos grupos máis activos na colaboración empresa-universidade. Ocupou durante máis de tres anos o cargo de Director de I+D da Universidade de Vigo, e responsable da OTRI (Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación) e da OFIE (Oficina de Fomento de Iniciativas Empresariales) e Javier Vázquez, COO en eBox Technologies, creador dun Servidor Linux para PEMES. Foi Presidente de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) e co-fundador de Igalia, así como Secretario en Eganet (Asociación de empresas galegas que desenvolven software e ou servizos TIC).
Proxecto Cofinanciado por:

