XORNADA SOFTWARE LIBRE NO TERCEIRO SECTOR: OPORTUNIDADES PARA O DESENVOLVEMENTO
As principais asociacións que operan en Galicia xuntaranse nunha xornada de traballo en Santiago de Compostela para coñecer ferramentas informáticas de interese para ofrecer un mellor servizo aos colectivos desfavorecidos.
A economía social ou terceiro sector designa a un eido á marxe dos sectores público e privado, un área de economía e iniciativas solidarias e non lucrativas que en Galicia está representado por unhas 2.000 entidades entre asociacións, fundacións e organizacións relixiosas. Para elas o emprego do software libre representa una oportunidade accesible para para superar a fenda dixital e incorporar novas tecnoloxías. Informar e achegar as opcións existentes é o obxectivo da xornada “Software libre para o terceiro sector: Oportunidades para o desenvolvemento” organizada por Agasol, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) da Xunta de Galicia.
A xuntanza terá lugar o día 29 de setembro en Santiago de Compostela. Congregará a ONG y entidades galegas que enfocan o seu labor cara a acción social para mostrarles diferentes solucións e experiencias de interese en eidos como os do servizos para discapacitados, dereitos humáns, drogodependencias, educación, exclusión social, xuventude, terceira idade, etc… de xeito que as asociacións participantes poidan levar a cabo a súa misión de desenvolvemento social a través de ferramentas informáticas prácticas e gratuitas.
A participación nas xornadas é gratuita previa inscripción na web www.agasol.org/eventos
Programa da xornada
• 9:30-9:45 Presentación da xornada por parte da Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Dna. Mar Pereira Álvarez.
• 9:45-10:30 ¿Que é o Software Libre? Filosofía, solucións e ventaxas. Relator: Xavier Castaño (Igalia)
• 10:30-11:15 Tecnoloxías accesibles no centro educativo dixital. Relator: Carlos Rodríguez (Tegnix)
• 11:15-11:40 Pausa-café
• 11:40 -12:30 Tecnoloxías accesibles no fogar dixital. Teleasistencia en usuarios con diversidade funcional. Relator: Xurxo Cegarra (Wireless Galicia)
• 12:30 -13:30 Mesa redonda, presentación dunha nova plataforma de traballo orientada ao terceiro sector. Participarán empresas que contan con ferramentas dirixidas ao terceiro sector e orientadas á accesibilidade.
